O escritor "Blue Jeans" sae ao encontro dos seus lectores pontevedreses
Por Redacción
Francisco de Paula Fernández, é sen dúbida o escritor español de máis éxito en literatura xuvenil e escribe baixo o pseudónimo de Blue Jeans.
O próximo mércores 22 de xullo sae ao encontro dos seus lectores pontevedreses. A cita será as 18:30 horas en Cronopios Libros presentando e asinando a súa última novela Algo tan sencillo como tuitear te quiero (Planeta, 2015).
A xornalista Susana Pedreira faralle unha entrevista en directo na que o público asistente poderá participar coas súas preguntas e comentarios.
Blue Jeans licenciouse en Xornalismo na Universidade Europea de Madrid onde vive actualmente. É un dos escritores con máis seguidores nas redes sociais onde empezou a publicar no seu blog o que logo se convertería na súa primeira triloxía Canciones para Paula. Con esta serie vendeu máis de 500.000 copias.
O seu seguinte traballo El club de los Incomprendidos, formado por ¡Buenos días princesa!, No sonrías que me enamoro, ¿Puedo soñar contigo? y Tengo un secreto: el diario de Meri.
A produtora Bambú e AtresMedia fixéronse cos dereitos cinematográficos da saga e a película viu a luz a finais do ano pasado.
En outubro de 2013, concedéronlle o Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Cervantes Chico, outorgado pola cidade madrileña de Alcalá de Henares.