A gran festa das editoriais galegas cumpre unha década
Por Redacción
Escritores, editores, libreiros e autoridades da Xunta de Galicia e do Concello de Pontevedra sumáronse este venres á gran festa do gremio editorial galego, a entrega da X edición dos Premios Ánxel Casal. O acto no que a Asociación Galega de Editores reúne anualmente a representantes do sector do libro en Galicia, celebrouse no Pazo da Cultura.
O discurso de Laura Rodríguez deu a benvida a un acto presentado por María Lado e Lucía Aldao no que un dos momentos máis emotivos foi a laudatio de Telmo Eiriz, da Editorial Galinova, que correu a cargo do ex presidente da entidad anfitriona, Alfonso G. Sanmartín.
Os protagonistas foron, un ano máis, os premiados, que na décima edición destes galardón foron:
- Premio ao libro de ficción co que se pretende recoñecer ó mellor libro de ficción editado polos editores da AGE no ano 2014.
- A viaxe da Gagarin, de Agustín Fernández Paz, editado por Edicións Xerais.
- Premio ao libro de non ficción co que se pretende recoñecer o mellor libro de non ficción editado polos integrantes da AGE durante o ano 2014.
- O soño galego de Julio Cortázar, de Francisco F. Naval, editado por Ediciones Linteo.
- Premio ao Libro de poesía ou teatro, co que se pretende recoñecer o mellor libro de teatro no ano 2014.
- Estrela do Norte, de Luís Rei, editado por Kalandraka Editora.
- Premio Isaac Díaz Pardo libro mellor ilustrado co que se pretende recoñecer un libro ilustrado editado polos membros da AGE e publicado en galego durante o ano 2014
- Leviatán, de Ramón Trigo, editado por Kalandraka Editora
- Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil co que se pretente recoñecer un libro infantil editado polos membros da AGE durante o ano 2014.
- Escarlatina a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, editado por Edicións Xerais.
- Premio Lois Tobio ao libro traducido co que se pretende recoñecer un libro traducido para o galego editado no ano 2014
- As floriñas de S. Francisco, traducido por Dario Xohán Cabana, editado por Alvarellos Editora.
- Premio Xosefa Vilarelle ó libro educativo, co que se pretende recoñecer ó mellor libro educativo do ano 2014
- As mulleres galegas. Das marchas nómadas ás marchas mundiais das mulleres, de Pepe Carreiro, editado por Baía Edicións.
- Premio Xosé María Álvarez Blázquez ó autor ou autora co que se pretende recoñecer a traxectoria creativa dun autor ou autora.
- María Reimóndez
- Premio Rosalía de Castro á mellor iniciativa editorial co que se pretende recoñecer o traballo editorial durante o ano 2014.
- Colección Rescate, de Alvarellos Editora.
- Premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural do ano 2012 co que se pretende recoñecer o traballo realizado por unha persoa, empresa, entidade ou colectivo ao longo do ano 2014
- Bibliotecas Escolares de Galicia