O Coro de Excantores dos Institutos despide ao vilancico nun concorrido concerto
Por Redacción
A Igrexa Parroquial de San Bartolomeu acolleu na noite do sábado o concerto de despedida do vilancico do Coro de Excantores dos Institutos de Pontevedra.
Ante o numeroso público asistente os cantores, dirixidos por Enrique J. Lareo, ofreceron unha selección do seu repertorio de música de Nadal.
Nesta ocasión cumpríronse 57 anos dende a primeira edición do tradicional evento.
Este coro naceu no ano 1955 da man do profesor Filgueira Valverde integrado en exclusiva por alumnos dos institutos da cidade.