Trinta anos de 'A Quenlla' nos escenarios
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
'A Quenlla' é unha agrupación musical que xurdiu en 1984 con tres integrantes e durante trinta anos a banda foi modificándose ata o punto de que agora está formada por dez membros encabezados por Xosé Luis Rivas Cruz, "Mini" e por Baldomero Iglesias Dobarrio, "Mero".
Os seus temas combinan a música tradicional recollida directamente polos músicos do grupo con outros estilos baseados en textos de autores que buscan a recuperación da memoria histórica, dos dereitos culturais e da dignidade como Pobo.
O concerto ofrecido este venres 17 no Teatro Principal atraeu a atención de numerosos seguidores de 'A Quenlla', que ofreceu unha recompilación da súa traxectoria artística.
Concerto de 'A Quenlla' no Teatro Principal
© Diego Torrado