Chega a Poio o Circuito Galego Teatro Amador
Por Oskar Viéitez
A concellaría de Cultura do Concello de Poio, dirixida por Silvia Díaz, concertou coa Federación Galega de Teatro Afeccionado a posta en escena de catro obras.
- O domingo 5 de outubro, ás 19.30 horas, no Centro Xaime Illa de Raxó vai representarse a obra "Un marido de ida e volta", da man da compañía Chumpá Teatro, unha formación pertencente á Escola Artística de Cuntis.
- O sábado 11 de outubro, tamén ás 19.30 horas no Centro Xaime Illa de Raxó a compañía Hipócrita Teatro representará a obra "Emperador, que pensas? Fala! ".
- O domingo 12 de outubro, ás 18.00 horas no Centro Rega dos Agros de Combarro, Tiruleque Teatro poñerá en escena a obra "Paga e cala". A compañía carballinesa adaptou o texto de Jardiel Poncela na súa nova proposta escénica.
- O sábado 18 de outubro, ás 19.30 horas, no Centro Xaime Illa de Raxó, subirá ao escenario a compañía Artías Teatro coa obra "Dixopene: a nai que o pariu" unha iniciativa teatral baixo o paraugas da asociación Anaco de Santiago de Compostela.
Dende a concellaría de Cultura de Poio explicaron que este ciclo gratuíto pretende poñer en valor as artes escénicas, ao tempo que permite a nenos e maiores compartir ocio, diversión e cultura.