20 nenos pontevedreses cantan na ópera Carmen
Por Anxo Lourido
Unha das obras máis coñecidas do repertorio operístico chega a Pontevedra. O martes 27 de novembro, ás 20:30 horas, Carmen de Bizet aterrará no Centro Cultural Novacaixagalicia de Pontevedra cunha versión orixinal en francés con sobretítulos en castelán dirixida musicalmente por Martin Mázik e en escena por Roberta Mattelli.
A peza será interpretada por ÿpera 2001 coa colaboración da Orquestra Sinfónica de Pleven coa participación do Ballet Español de Carmen & Matilde Rubio acompañados polo Coro infantil do Conservatorio da escola musical Mayeusis dirixidos por Isidro Betancourt. Desta forma, vinte nenos pontevedreses que cursan Coro no seu grado elemental serán protagonistas deste espectáculo que narra, con gran forza dramática, a historia de amor e pasión da cigarreira sevillana.
A duración desta montaxe, contando cos intermedios, achégase ás 2 horas e 50 minutos.
As entradas xa poden adquirirse a través de Servinova ao prezo de 25'60 euros.
Vídeo en Youtube de Carmen interpretado pola compañía ÿpera 2001