Un inicio de Festival Revenidas con 6.000 persoas con ganas de música
Por Redacción
Seis mil persoas déronse cita o xoves na primeira xornada do festival Revenidas, en Vilaxoán, para disfriutar dos concertos de bandas como Lendakaris Muertos, Muchachito Bombo Infierno e Dakidarría.
Un inicio pletórico, con forza, bo ambiente e moitas ganas do que aínda está por chegar, e é que o festival continúa este venres con grandes nomes como La Pegatina, Miss Bolivia ou Fillas de Cassandra.
Vilaxoán viste estes días as súas mellores galas, coa localidade chea de visitantes e as zonas de acampada habilitadas completas.
Todo iso para desembocar na gran xornada prevista para o sábado, que arrincará xa ás 11.00 horas da mañá e que contará con actuacións de Talco, The Rapants, Tanxugueiras, Guadi Galego ou El Kanka, por citar algúns dos nomes dunha edición que promete diversión ata o vindeiro domingo día 15 de setembro.
Consulta aquí o cartel completo e os horarios do Festival Revenidas 2024.
Relacionadas:
-
Triunfal fin de festa no Revenidas, festival polo que pasaron máis de 28.000 persoas
Por Anxo Lourido |
-
Un roteiro por Vilaxoán, guiado por Xurxo Souto, abre as actividades do Revenidas
Por Redacción |
-
Revenidas, un festival "único e inimitable" que ten en Vilaxoán "a súa verdadeira estrela"
Por Alejandro Espiño |
-
Publicados os horarios do festival Revenidas, con seis concertos 'a bordo' e gala de circo solidaria
Por Diego Espiño |
-
Así é o cartel por días do Revenidas, que incorpora a Miss Bolivia, Muchachito Bombo Infierno e Xavi Sarrià
Por Redacción |