A exposición colectiva de homenaxe ao poeta Ananín amplía a súa estadía na Sala Rivas Briones de Vilagarcía
Por Redacción
A excelente acollida entre o público da exposición 'Tributo ao legado do poeta Eduardo González Ananín' fai que a súa estadía na Sala Rivas Briones de Vilagarcía se prolongue unha semana máis. Desta forma pódese visitar ata o oito de setembro.
Trátase dunha mostra colectiva de obras escultóricas, pictóricas e outras disciplinas artísticas correspondentes a máis dunha vintena de artistas galegos e de fóra de Galicia. En todas estas obras evócanse versos de González Ananín. Entre estes artistas están Menchu Lamas, Francisco Leiro, Din Matamoro, Antón Patiño, Olalla Buceta, Pamen Pereira, José Freixanes ou Ignacio Basallo. A exposición está comisariada pola Fundación Artiaga.
Eduardo González Ananín falecía o ano pasado. De orixe ourensá (Pererio de Aguiar, 1926) a súa literatura ten un marcado carácter social influencia do exilio, xa que emigrou a Arxentina onde viviu ata 1983 cando regresou a Galicia. A súa obra está escrita tanto en galego como en castelán.