Diego de Giráldez, corenta anos expoñendo no Mosteiro de Poio
Por Redacción
O artista Diego de Giráldez inaugurou a súa exposición "Desde o ruralismo ao solo color", coa que celebra catro décadas amosando a súa obra no Mosteiro de Poio.
Con esta exposición, De Giráldez retorna un ano máis a Poio, consolidando así unha proposta cultural e artística que xa é todo un clásico no período estival dentro do templo poiense.
A mostra está formada por máis de 20 pinturas e varias esculturas, elaboradas ao longo de diferentes da ampla traxectoria de Diego de Giráldez.
Desde o ano 1984, o pintor non falta á súa cita con Poio e agradeceu a colaboración e a acollida que lle dispensan tanto desde o Mosteiro como por parte do Concello.
O alcalde, Ángel Moldes, destacou que este artista "leva toda unha vida compartindo o seu talento e o seu arte coa veciñanza de Poio, así que podemos consideralo xa como parte importante do noso concello".
De Giráldez é o impulsor do movemento NAS (Naturalismo, Abstracción e Surrealismo) e na súa traxectoria destacan as coleccións levadas a máis de 150 museos repartidos por todo o mundo.