Así é o cartel por días do Revenidas, que incorpora a Miss Bolivia, Muchachito Bombo Infierno, The Tyets, Xavi Sarrià e Dakidarría
Por Redacción
O festival Revenidas 2024 deu a coñecer este xoves o seu cartel definitivo e tamén como quedarán as actuacións por días do 12 ao 15 de setembro.
Neste anuncio pechado destaca a incorporación de nomes como Miss Bolivia, Muchachito Bombo Infierno, The Tyets, Xavi Sarrià e Dakidarría.
A cantante e DJ arxentina Miss Bolivia chega a Vilaxoán para presentar en directo o seu novo disco, Bestia, e Xavi Sarriá, o que fora líder dos míticos Obrint Pas, ofrece neste festival o seu derradeiro concerto en Galicia antes da súa retirada.
Destaca pola súa importancia na escena musical Muchachito Bombo Infierno coa súa música de mestizaxe; o dúo The Tyets, que coa súa proposta de 'trapetón' converteuse no primeiro grupo que canta en catalán con máis dun millón de oíntes ao mes en Spotify; ou Muyayo Rif, oito músicos capaces de fusionar nun estilo propio punk, ska, reggae, latin e rock.
No cartel tamén entran novos nomes da música galega, sempre presente neste festival.
Asi, anuncian a presenza de Dakidarría ou o concerto especial 'Rebeliom do Inframundo é un movemento', no que a banda estará acompañada dun nutrido grupo de artistas convidados.
Tamén estarán García MC & Nación Quilombo, Mekanika Rolling Band, Uxía Lambona e A Banda Molona, La Yaya Dj e La Duendeneta.
Ademais, froito do acordo de colaboración establecido entre Mahou e a Fundación Paideia Galiza chegan a este festival Ninghures e Catuxa Salom.
Os abonos para os catro días do Revenidas 2024 están á venda na páxina web www.revenidas.com a un prezo de 63 euros (+gastos de xestión).
Dende este xoves 20 están tamén á venda as entradas por día. As primeiras 500 venderanse a un prezo de 33 as do xoves e 38 venres e sábado.
As persoas que merquen o abono poderán reservar na web o acceso á acampada do Rial (a piques de esgotarse) por un importe de 10 euros. Ante a gran demanda de acampada, crearán outra zona de acampada na Pelada.
Relacionadas:
-
El Kanka, Lendakaris Muertos, The Rapants e o grupo de Jordi Évole estarán no Revenidas
Por Alejandro Espiño |
-
"Tiro de saída" para os Rías Baixas Fest, que se abren á incorporación de novos festivais
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- 'Os dez lanzamentos' traen esta semana os novos elepés de Dakídarría, Mundo Prestigio e Quinkillada
Por Marisa Ciordia |
-
Tanxugueiras, La Pegatina, Fillas de Cassandra, Dubioza Kolektiv e Talco actuarán no Revenidas 2024
Por Alejandro Espiño |
-
Revenidas anuncia as súas datas para 2024: do 12 ao 15 de setembro, en Vilaxoán
Por Alejandro Espiño |