Fútbol teatreiro
Por Redacción
Este venres 16, teatro e fútbol coincidirán no Pazo da Cultura de Pontevedra da man da compañía Obras Públicas que presentará o espectáculo O fútbol é así.
A compañía santiaguesa chega cunha divertida crítica ao mundo do fútbol que se sae das frases fabricadas e utilizadas ata a saciedade polos amantes do deporte rei. No espectáculo non hai nada de "no fútbol non hai rival pequeno" nin de "somos once contra once". A relación entre futbolistas, afeccionados e xornalistas é vista ás veces como unha relación sexual, na que manda o xogador, e ás veces como unha relixión.
Co seu anterior traballo, Life is a paripé, Obras Públicas foi finalista dos prestixiosos premios Max. Os intérpretes son os actores Leandro Lamas e Carlos Mosquera "Mos" e a dirección corre a cargo de José Luis Prieto.
A función será o venres 16 ás 9 da noite no Pazo da Cultura.
Avance de O fútbol é así en Vimeo