O músicoMax García Conovervisita por primeira vez Galicia. Aquí, concretamente en Bandeira (Silleda), está a gravar o seu próximo álbum e aproveitará este traballo para un par de cuestións máis. Ofrecer catro actuaciónsen acústico e indagar sobre as súas orixes galegas, pontevedresas para ser máis exactos.
Desde fai uns vinte anos que dedica parte do seu tempo á música. Comezou como lembra no podcast 'Cara a cara' en Porto Rico, onde residía entón e empezou tocando na rúa, unha soa canción, repetida moitas veces. Logo empezou a escribir e compoñer as súas propias cancións. Unha por semana, mentres viaxaba en caravana coa súa muller. Ten editados dous elepés e un epé en colaboración coa cantautora de Maine (estado norteamericano onde el tamén vive), Haley Heyderickx.
Este próximo álbum que aínda non ten nome, soará diferente, "moito máis consistente" como define Max e as letras seguen sendo importantes no seu repertorio, falan de paternidade, de medioambiente, ou do medo que pode sentir o ser humano nesta segunda década do século XXI.
Tras o primeiro acústico en Vigo, este sábado 13 ás 12.00 horas estará en O Panderetas de Pontevedra e pola tarde en Ourense, para concluír esta breve xira o luns en Santiago. O podcast completo pódese escoitar desde a ligazón que se adxunta e igualmente desde a web dePontevedraViva Radio pódense escoitar e descargar todos os podcast.