![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/4a7/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/660c315510-whatsapp-image-2024-04-02-at-3.20.59-pm.jpeg)
© Concello de Pontevedra
Lecturas compartidas con escolas de todo o mundo para festexar o Día do Libro Infantil e Xuvenil
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/40f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/660c3222da-recomendacion-de-libro.jpg)
© Salón do Libro
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6cf/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/660c488a26-434589806_954852659872691_6712444904259536728_n.jpg)
© Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e46/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/660c48e09c-434393154_954852536539370_1343650194881364388_n.jpg)
© Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
O Concello de Pontevedra organizou unha lectura compartida con alumnado das Escolas Unesco de Europa, África e América para festexar o Día do Libro Infantil e Xuvenil.
A iniciativa contou co concelleiro de Educación Demetrio Gómez, a pontevedresa Luisa Márquez, presidenta da Rede de Escolas asociadas á UNESCO e a escritora convidada Eva Mejuto.
Foi un evento en liña no que participou o alumnado dun total de 12 escolas de Galicia, Angola, Cataluña, Cuba, Madrid, Mérida, Aguilar de Campoo, República Checa e República Dominicana.
"A lagoa das nenas mudas" de Fina Casalderrey foi a obra seleccionada polo concelleiro Demetrio Gómez, Eva Mejuto escolleu a súa obra "Cando leo’, a rapazada do CEIP Frobel seleccionou anacos de "Draco" de Susana Peix (unha das convidadas catalás desta edición do Salón) e "Cidades" de Fran Alonso e o alumnado do Eduardo Pondal de Cangas homenaxeou a Agustín Fernández Paz lendo "O meu nome é Skywalker"
O acto contou con acompañamento musical do CMUS Manuel Quiroga da man da profesora de acordeón Noelia González López e a estrea da cantiga de berce "A noitiña" de José Pérez.
Un total de 56 escolas Unesco de todo o mundo mandaron videos nos que recomendaban lecturas importantes, inspiradoras, libros que marcaron a súa vida e que lles fixeron mudar a súa visión do mundo. Na canle de Youtube do Salón do Libro xa están disponibles as achegas de escolas de España, Mexico, Rusia, República Checa, Mexico, Cuba, Montenegro, República Dominicana e Angola.
Esta colaboración da Rede de Escolas Asociadas á Unesco co Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil vense celebrando cada ano ininterrumpidamente desde o 2019.