O Black Hole aterra de novo no mercado de abastos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O gastromercado da praza de abastos de Pontevedra será o escenario, este venres 15 de marzo ás sete da tarde, dunha nova edición do Black Hole, o evento musical con micro aberto que convida a todos os cidadáns a subirse ao escenario e cantar.
Para participar só hai que apuntarse nunha lista, decidindo que canción queres interpretar e esperar a quenda para demostrar ao público os dotes musicais de cada un.
A organización do Black Hole lembra que o mercado "é un lugar delicado para ecualizar o son", polo que esta edición servirá para "saber se é viable seguir metendo a batería ou se debemos reconverter o formato a algo máis acústico".
Ademais, como é habitual, xunto coa oferta musical haberá unha vertente máis artística.
Así, o mercado acollerá durante o Black Hole unha exposición da artista plástica Marián Vecino, que mostrará ao público unha selección das súas obras máis recentes.