Este venres comeza unha nova edición dos Cantos de Taberna
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Como ven pasando desde hai 11 anos, a Boa Vila volve ter unha nova cita coa música popular ata primavera. Será nos derradeiros venres de cada mes, as 9 da noite no primeiro bar e as dez e media no segundo.
"Desexosos xa de empezar", Mariluz Rodríguez e Manolo Espiño do grupo 'Maravallada', presentaron este luns a nova programación que trae a Pontevedra grupos que se ocupan de "recuperar ou de manter vivo o espíritu destas canciones que a todos nos gusta cantar cando estamos na mesa ou cando estamos en grupo, en pandilla, en amigos".
O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, louvou esta programación "tan potente e interesante" que comeza este venres 26 de xaneiro na rúa Joaquín Costa, en dous bares, no 'Bogatá' e en 'El Huerto del cura', cos propios integrantes de 'Maravallada'.
O 23 de febreiro, os Cantos de Taberna visitan 'La Navarra' e o 'Milano de los Mares', nesta ocasión cun grupo do Grove 'Os Firrás'.
En marzo, o venres 22, neste caso adiantado para non coincidir coa Semana Santa, van estar na 'Gramola' e na 'Adega dos avós' e cun grupo que ven do Porriño, que se chama 'Fonteliño'.
E o 26 de abril, de novo o último venres, os Cantos de Taberna reúnense na 'NASA' e no 'Barallocas' cun grupo de canto tradicional de referencia en Galicia, 'Malvela', que veñen de Mos.
Para rematar, o 31 de mayo, un grupo da capital, 'CantanasCroas', estará nos bares 'Balixas' e 'Nasantiña'.
Os organizadores fixeron un convite á cidadanía para participar nesta actividade e empezar a cantar.