Pontevedra Viva!

Juan de Sola

Xornalista especializado en temáticas sociais, cooperación e comunicación para o Desenvolvemento (CpD). Dezanove anos en medios nacionais de radio e prensa. Na actualidade, conduce e produce programas e informativos en Onda Cero Pontevedra. Tamén, foi corresponsal da Axencia EFE durante oito anos na provincia de Pontevedra. Entre os anos 1996 e 2002, integrouse nas redaccións de Onda Cero Vigo, a extinta Radio España, El Médico Interactivo o Diario de Pontevedra, entre outras.

Participou na execución de proxectos de visibilización de diversos contextos relacionados coa Discapacidade, Igualdade de Xénero, Reinserción, Inmigración, Exclusión ou Cooperación. No ano 2008, é un dos fundadores da ONG Agareso, Reporteiros Galegos Solidarios. Nos últimos anos, as realidades sociais de Marruecos, Ecuador, Uruguai, Arxentina ou Polonia foron obxecto dunha profunda análise xornalística.

 

http://juandesola.org