Pontevedra Viva!

Juan de Sola



Xornalista especializado en dereitos humanos e solidariedade. Máis de 25 anos en medios de radio e prensa. Na actualidade, podes escoitar a súa voz en programas e informativos en Onda Cero Pontevedra. Na mesma cadea tamén coordina o podcast Contraparte.

Recentemente puxo en marcha a organización BIG Radio. Forma parte da asociación internacional de radios comunitarias AMARC ALC. No 2008 foi un dos fundadores e presidente da ONG Agareso.

Desde hai anos traballa e coopera regularmente con radios comunitarias de países de Centroamérica: O Salvador, Honduras ou Nicaragua. Ademais, outros escenarios como Marrocos, Ecuador, Guinea Ecuatorial, Uruguai, Arxentina ou Polonia foron obxecto de análise xornalística.

Tamén participou en diversos proxectos sociais relacionados coa Discapacidade, Igualdade, Reinserción, Inmigración, Exclusión ou Cooperación.


http://juandesola.org