Cancelado o Día de Colón en Poio pola previsión de choivas
Por Redacción
A previsión de choivas para esta fn de semana levou ao Concello de Poio e aos colectivos organizadores a suspender a conmemoración do Día de Colón e os actos previstos para este venres 20 e o sábado 21 de outubro.
Estaba previsto que este venres e sábado as rúas do centro histórico de Combarro se encheran de ambiente e animación medievais, cunha programación pensada para todas as idades e que busca defender a teoría da ascendencia galega do navegante e reivindicar a figura do Colón de Portosanto.
Finalmente, ante as previsións meteorolóxicas que prevén choivas continuadas durante toda a fin de semana, optouse pola súa suspensión.
De momento, non hai nova data para a celebración. Segundo a información facilitada polo Concello de Poio, nos próximos días manterán unha reunión para acordar unha nova data na que celebrar a festa medieval.
Este ano 2023 o Día de Colón chega á súa décima edición tras cinco anos sen organizarse da man do Concello en colaboración coas asociacións Combrus, Laretas e Vides Novas.
Relacionadas:
-
Ramón Pedras, 'Petete', cumpre a súa promesa co Día de Colón e será o pregoeiro da décima edición
Por Redacción |
-
Os particulares xa se poden inscribir para participar nos xantares e ceas na rúa polo Día de Colón
Por Redacción |
-
O Día de Colón celebrarase en Poio os días 10 e 11 de maio
Por Redacción |
-
Poio presenta o Día de Colón en Baiona a bordo da carabela Pinta
Por Redacción |
-
O Día de Colón incluirá comidas e ceas de particulares nas rúas de Combarro
Por Redacción |
-
Combarro volverá a celebrar o Día de Colón, que non se organiza desde 2018
Por Oskar Viéitez |