A Deputación de Ourense demanda a reforma integral da N-541 e unha vía de alta capacidade con Pontevedra
Por Redacción
Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, mantivo un encontro con alcaldes asinantes do Pacto de Pedre, encabezados por Jorge Cubela, rexedor de Cerdedo-Cotobade. O representante provincial sinalou que o tráxico accidente de Noiteboa de 2022 con sete persoas falecidas mostrou a "crueza da situación de falta de seguridade" da vía que vertebra ás dúas provincias.
O presidente ourensán insistiu na importancia da petición unánime dos alcaldes dos municipios afectados nas dúas provincias e advertiu que a estrada se atopa "igual que hai 30 anos, salvo algún remendo que en nada cambiou a situación". Demanda o aumento de seguridade "pois as mortes non as podemos soportar".
Menor tamén insistiu en que a N-541 ten un gran valor estratéxico para o desenvolvemento económico dos dous territorios e entende a necesidade de combinar a reforma coa creación dunha vía de alta capacidade que una as capitais das provincias de Ourense e Pontevedra.
Jorge Cubela agradeceu o apoio e a sensibilidade de Luis Menor respecto a a petición da mellora integral da N-541 debido á grave inseguridade para as persoas que presenta con numerosos sinistros de tráfico. Neste sentido, esixe unha capa de rodadura no seu trazado integral e a mellora nos accesos aos núcleos de poboación.
REUNIÓN CON GONZALO PÉREZ JÁCOME
O colectivo de representantes do Pacto de Pedre tamén mantivo un encontro co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que propoñerá a todos os grupos políticos da corporación levar a pleno como moción conxunta ou declaración institucional a adhesión ás reivindicacións recollidas polos municipios afectados que forman parte do Pacto de Pedre esixindo ao Goberno de España a intervención coa maior urxencia posible para realizar a mellora integral da N-541.
Tamén propoñerá solicitar aos grupos políticos do Parlamento de Galicia que apoien as súas reivindicacións, demandando á Xunta e ao Goberno Central o inicio dun estudo para crear a autovía Pontevedra-O Carballiño, con conexión cara a Lalín.
Relacionadas:
-
Luis López critica o "enésimo desprezo" do Goberno á provincia ao descartar a construción dunha autovía a Ourense
Por Oskar Viéitez |
-
Unha muller resulta ferida nun accidente na N-541 en Tenorio
Por Redacción |
-
O Goberno prioriza as reformas pendentes na N-541 sobre o estudo dunha autovía alternativa
Por Alejandro Espiño |
-
O Pacto de Pedre reclamará, a instancias de Pontevedra, unha autovía ata O Carballiño con conexión con Lalín
Por Alejandro Espiño & Oskar Viéitez |
-
O alcalde de Pontevedra está disposto a apoiar o Pacto de Pedre
Por Oskar Viéitez |
-
"Non queremos que a N-541 sexa un cemiterio"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP lamenta o "deixamento do Goberno central" coa N-541 en Pedre tras un novo accidente
Por Natalia Puga |
-
Nova petición de mellora urxente da N-541 despois dunha saída de vía dun motorista en Cernados
Por Anxo Lourido |