"Non queremos que a N-541 sexa un cemiterio"
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, manifestou que se unha persoa percorre a estrada N-541 de Pontevedra a Ourense pode ver como seguen aumentando as cruces e os ramos de flores pola cantidade de vítimas que ao longo do tempo vai tendo esta Nacional 541.
"Non queremos que esta vía sexa un cemiterio de persoas", dixo Cubela.
Este mércores tivo lugar a terceira xuntanza do Pacto de Pedre no que participan alcaldes e alcaldesas de sete concellos da provincia de Pontevedra e Ourense.
Esta é a primeira reunión que se produce despois das eleccións municipais e pese a cambios nos equipos de goberno dos sete concellos hai unha "firme decisión de seguir reivindicando a mellora integral da N-541 por enriba de calquera posicionamento político" posto que, segundo explicou Jorge Cubela, "é unha fronte institucional que non representa a partidos senón aos nosos veciños e territorios".
Así asistiron á xuntanza na Casa Consistorial de Cerdedo-Cotobade, en Cerdedo, Ana Patricia Torres Madereira, alcaldesa de Boborás; Tomás Sancho Candedo, tenente de alcalde de Beariz; Manuel Vázquez Fernández, alcalde de Punxín; Susana Maria Iglesias Fernandez, alcaldesa de O Irixo; José Manuel Iglesias Araujo, alcalde de Maside; Jose Manuel Dacal Fernandez, tenente de alcalde de O Carballiño e Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade.
Entre os acordos adoptados por unanimidade polos asistentes figuran a solicitude dunha xuntanza cos alcaldes de Pontevedra e Ourense como concellos cabeceiras de comarcas así como cos presidentes das deputacións das dúas provincias co fin de ampliar o respaldo institucional ao traballo que están a levar os alcaldes e alcaldesas agrupadas en torno ao Pacto de Pedre e que teña deste xeito unha maior amplitude reivindicativa.
Ademais, acordouse trasladar unha moción conxunta a todos e cada un dos plenos das Corporacións Municipais para que sexan aprobadas por todos os concelleiros na que se acorda propor aos Grupos Políticos do Parlamento de Galicia que apoien as iniciativas que os alcaldes están impulsando desde o Pacto de Pedre para trasladarlle ao Goberno Central a necesidade de acometer a mellora integral da seguridade vial na estrada N-541.
Relacionadas:
-
Unha muller resulta ferida nun accidente na N-541 en Tenorio
Por Redacción |
-
A Deputación de Ourense demanda a reforma integral da N-541 e unha vía de alta capacidade con Pontevedra
Por Redacción |
-
O Goberno prioriza as reformas pendentes na N-541 sobre o estudo dunha autovía alternativa
Por Alejandro Espiño |
-
O Pacto de Pedre reclamará, a instancias de Pontevedra, unha autovía ata O Carballiño con conexión con Lalín
Por Alejandro Espiño & Oskar Viéitez |
-
Instalarán sinais na PO-11 para advertir da "especial frecuencia de incidentes con implicación de animais"
Por Redacción |
-
O alcalde de Pontevedra está disposto a apoiar o Pacto de Pedre
Por Oskar Viéitez |
-
Unha muller ferida en Tenorio tras un novo accidente na N-541
Por Redacción |
-
O PP lamenta o "deixamento do Goberno central" coa N-541 en Pedre tras un novo accidente
Por Natalia Puga |
-
Nova petición de mellora urxente da N-541 despois dunha saída de vía dun motorista en Cernados
Por Anxo Lourido |
-
Dúas mulleres e unha menor, trasladadas ao caer por un barranco na N-541 en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
O Ministerio de Transportes acorda obras de máis dun millón de euros na N-541 onde caeu o autobús ao Lérez
Por Redacción |