Jacobo Moreira espera que o Estado perda o recurso contra o Concello de Pontevedra polo pagamento da 'extra'
Por Oskar Viéitez
O voceiro do grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, afirmou hoxe que espera que o Avogado do Estado perda o recurso interposto contra o Concello Pontevedra polo pagamento da 'extra' aos funcionarios.
Na véspera do xuízo que celebrará o Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra pola devolución deste complemento, ao consideralo a Delegación do Goberno en Galicia como "irregular e contrario á lei", o popular Jacobo Moreira posicionouse a favor dos intereses defendidos polo goberno bipartito BNG-PSOE.
"Yo espero que, salga lo que salga del juicio, no tenga consecuencias para los funcionarios de Pontevedra. Eso es lo que más preocupa", asegurou o xefe da oposición. "Si pierde el juicio el Estado, no tendrá consecuencias, y yo espero que no tenga consecuencias", apostillou.
O Concello de Pontevedra é o único concello galego cuxa compensación aos seus funcionarios acabou denunciada nos xulgados. O Goberno esixe "que se condene al Ayuntamiento a recuperar las sumas indebidamente abonadas a los perceptores". Moreira asegurou non ter nada que ver coa denuncia da Delegación do Goberno. "Yo tengo mucha mano en el gobierno, sí. Es que lo han recurrido porque lo mandé yo", chanceou.
"Yo espero que lo gane el Concello porque sería malo para el Concello y para los funcionarios de Pontevedra que se pierda ese juicio", insistiu.
Nin o alcalde nin ningún dos concelleiros do executivo local terán que declarar ante o titular do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1. Ao xuízo só asistirán Juan José Vázquez-Portomeñe, xefe da Avogacía do Estado en Pontevedra e o asesor xurídico do Concello, Xabier Munáiz.
"Supongo que ya tendrán pruebas suficientes y no necesitarán, ni unos ni otros, que comparezca ningún político, mejor así no se forma ningún espectáculo", comentou Jacobo.
Finalmente o voceiro do PP local indicou que "si se ha utilizado esto polticamente, mal hecho por parte del alcalde. Ahora lo que yo espero es que no tenga consecuencias", polo que aconsellou ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que evite novos preitos. "Vemos que las singladuras judiciales del señor Lores nunca llegan a buen puerto, lo hemos visto con Sogama, el tema nuestro de las dedicaciones exclusivas, con el rio de Os Gafos, Veteris, etc. Lores debería evitar ir a los tribunales y que le lleven a los tribunales, porque no sale muy bien parado últimamente. El problema es que lo pagamos todos", concluíu.
Relacionadas:
-
O Concello gaña a sentenza das 'pagas extra' e Moreira asegura sentirse "satisfecho"
Por Redacción |
-
O Estado cualifica de "argucia fraudulenta" o pago da extra e o Concello non ve "eivas" na súa legalidade
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Ningún político declarará este xoves no xuízo pola paga extra abonada aos funcionarios
Por Alejandro Espiño |