Cortan o tráfico en dúas rúas da Caeira pola caída de árbores á calzada
Por Redacción
A Policía Local de Poio anunciou o corte de tráfico das rúas Penas Peña e Mato Calderón, as que soben cara á Caeira desde A Barca, tras a caída de árbores á calzada.
O aviso foi sobre as seis da tarde. Ambas permanecerán pechadas ata a retirada das ramas que obstruyen o paso pola estrada.
Mentres tanto, o tráfico desviouse pola PO-308 cara á rúa Antelo e Mariño e pola Rúa Miño.
Ademais, tamén se modificou o tránsito dos viandantes cara á rúa peonil que pasa por detrás da Praza Riestra.