Retiran unha árbore de grandes dimensións que caeu na Caeira sobre a vía pública durante a noite
Por Anxo Lourido
O desprendemento dunha árbore voluminosa durante a noite na zona da Caeira obrigou a acometer un corte total de tráfico na rúa José pernas e na Praza de Riestra no municipio de Poio, no centro do barrio residencial.
Foron necesarias varias horas de traballo por parte de persoal voluntario do servizo de Protección Civil de Poio para ir retirando as pólas da vía pública.
Finalmente lograron despexar toda a zona onde caera parte da árbore de grandes dimensións permitindo así a saída das persoas residentes nesta contorna a primeiras horas da mañá.
Ademais de Protección Civil tamén colaborou persoal do Concello coa utilización do guindastre para retirar a árbore.
O suceso non provocou danos persoais e a zona xa se atopa aberta ao tráfico con normalidade.
Relacionadas:
-
Cortan o tráfico en dúas rúas da Caeira pola caída de árbores á calzada
Por Redacción |
-
Satisfacción polo resultado da concentración moteira da Rosa dos Ventos
Por Redacción |
-
Os veciños sufocan cun extintor un incendio iniciado nunha lavalouza nunha vivenda de Poio
Por Redacción |
-
Sufocan un incendio no interior dun veleiro amarrado no porto de Combarro
Por Redacción |