A Plataforma Loita convoca unha xuntanza con familias que viron vulnerados os dereitos dos seus fillos polo Sergas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A Plataforma Loita, que lidera a pontevedresa Tamara Campos, manterá a súa primeira reunión este mércores 12 ás 17.30 horas no Centro Cultural de Monte Porreiro.
Trátase do primeiro encontro presencial deste colectivo nado para defender os dereitos dos menores cando acoden a unha consulta dun centro sanitario público.
Durante esta primeira cita faise un chamamento a todas aquelas persoas que sentiron nalgún momento que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) vulneraba os dereitos dos fillos nunha consulta sanitaria.
Está previsto tratar temas relacionados co exercicio do dereito do menor para ser acompañado durante as probas médicas ou a necesidade de que se realicen cesáreas humanizadas.
A Plataforma xa mantivo encontros coa xerencia da área sanitaria de Pontevedra - O Salnés para obter un compromiso verbal de revisión dos protocolos que se estaban seguindo nos centros hospitalarios da zona. O movemento naceu cando impediron a Tamara Campos acceder ás sesións de fisioterapia que o seu fillo tiña que recibir no Hospital Provincial.
Relacionadas:
-
Convocan unha xuntanza en Monte Porreiro para reclamar máis pediatras en Pontevedra
Por Redacción |
-
A Plataforma Loita mantén un encontro con Lores para expoñer a situación dos nacementos por cesárea e a atención temperá no Provincial
Por Anxo Lourido |
-
O Parlamento galego instará á Xunta a establecer un protocolo único nos partos con cesárea
Por María José Pita |
-
As "demandas totalmente asumibles" da plataforma Loita obteñen o apoio de Soutomaior
Por Redacción |
-
A plataforma LOITA consegue o compromiso de que no Provincial se revisarán os protocolos nas cesáreas
Por María José Pita |
-
'Loita' busca apoios nas alcaldías para que os partos respectados no Hospital Provincial deixen de ser "unha lotería"
Por María José Pita |
-
Ruth Abonjo logra ter un "parto xemelar respectado" no Hospital Provincial tras unha longa loita
Por María José Pita |
-
"Para que nos serve un plan de parto que non se vai respectar?", a denuncia de tres nais fronte ao sistema
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Nace unha plataforma cidadá para que ningún menor estea só durante os tratamentos médicos
Por María José Pita & Mónica Patxot |
-
Vitoria agridoce: déixanlle entrar a fisioterapia co seu bebé ao tempo que lle denegan o acceso a outra nai
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Anulada a cita media hora antes, un novo capítulo para a nai que reclama acompañar o seu bebé na sesión de fisioterapia
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Torrente de reaccións á denuncia dunha nai por non permitirlle acompañar o seu bebé nunha sesión de fisioterapia
Por María José Pita |