Conde apoia a transición enerxética en Astilleros Placeres
Por Redacción
Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, visitaba este venres a empresa Astilleros Placeres para destacar a importancia de contar comprometidas e con capacidade para adaptarse ás novas situacións.
Esta empresa familiar especializada en reparación e mantemento naval, situada en Praceres, sufría un incendio en 2019. Na actualidade, a entidade ampliou as instalacións e está a avanzar na transición enerxética e sostible coas achegas por parte da Xunta de Galicia dentro do plan Reacciona e coa instalación de placas fotovoltaicas.
O representante da Xunta, durante a visita, destacou a importancia dos fondos europeos nos investimentos para a industria naval ao establecerse oportunidades para o sector permitindo un avance na diversificación.
Esta semana, a Xunta ofrecerá dúas liñas dirixidas a empresas galegas. Unha delas está destinada a fomentar o aforro e a eficiencia enerxética e a segunda é unha liña de préstamos e avais para autónomos e pequenas e medianas empresas coa intención de ofrecer liquidez
Relacionadas:
-
28M | O PP de Marín propón as humanizacións de Serafín Tubío e Jaime Janer
Por Redacción |
-
Un voraz incendio arrasa o estaleiro de Praceres e calcina varios barcos en reparación
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
O estaleiro de Praceres e Nodosa atópanse a pleno rendemento
Por Oskar Viéitez |