O Concello contrata os servizos turísticos e arqueolóxicos para a xestión dos petróglifos de Mogor
Por Redacción
O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor é un dos espazos nos que se consegue facer namorar a marinenses e visitantes do noso patrimonio arqueolóxico máis importante. Por iso, o Concello vén de contratar a súa xestión, co obxectivo de que siga tendo o persoal preciso.
O obxectivo é que se sigan prestando os servizos de información e de guía turístico, como os que se aplican nas visitas guiadas que se realizan dentro do centro, como naquelas que se realizan fóra, pola contorna dos petróglifos, especialmente as nocturnas, que tanta expectación e éxito colleitan.
A empresa Anta de Moura resultou adxudicataria desta contratación, que se estenderá durante catro anos por un importe cercano aos 34.000 euros.
Relacionadas:
-
Impulsan unha nova iluminación e unha mellor sinaléctica para os petróglifos de Mogor
Por Redacción |
-
Os petróglifos de Mogor reactivan as visitas guiadas coa chegada do verán
Por Redacción |
-
Mogor contará cun aquapark flotante de máis de 800 metros cadrados de superficie
Por Oskar Viéitez |
-
31.000 euros destínanse a repintar as marcas viais do centro de Marín
Por Redacción |
-
Os petróglifos de Mogor recibiron 200 visitantes durante a Semana Santa
Por Redacción |
-
Impulsan un proxecto para poñer en valor o conxunto arqueolóxico dos petroglifos de Mogor
Por Redacción |
-
Os petróglifos de Mogor contan con nova sinalización
Por Redacción |