Os petróglifos de Mogor recibiron 200 visitantes durante a Semana Santa
Por Redacción
O interese por coñecer o patrimonio arqueolóxico marinense segue crecendo. Durante a Semana Santa, tal e como explican desde Anta da Moura, empresa encargada da xestión do Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor, cerca de 200 persoas visitaron o enclave, “aínda que esta cifra debe incrementarse nun 30-40%, xa que moita xente visita por libre os petróglifos sen pasar polo CIP, polo que non quedan rexistrados”.
Maioritariamente, o perfil dos visitantes eran parellas ou grupos familiares, con tramos de idade comprendidos entre os 30 e os 60 anos, aínda que tamén se rexistraron moitas visitas de persoas maiores de 60.
En canto á procedencia, desde o CIP explican que se nota “ese auxe que estamos a vivir do turismo nacional, xa que veu moita xente de fóra de Galicia, namentres que estranxeiros só recibimos un de Portugal”. Xente de Madrid, Barcelona, Girona, Burgos, Toledo, La Rioja, Bilbao, Xixón, León ou Huesca achegáronse até Mogor.
Desde Galicia, rexistráronse visitantes de Lugo, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Ourense, Bueu, Cangas, Salceda de Caselas, Ferrol, Ribeira, Ordes, Narón ou Chantada, entre outros.
Relacionadas:
-
Os petróglifos de Mogor reactivan as visitas guiadas coa chegada do verán
Por Redacción |
-
O Concello contrata os servizos turísticos e arqueolóxicos para a xestión dos petróglifos de Mogor
Por Redacción |
-
Operacións de limpeza nos aparcadoiros gratuítos de Marín
Por Redacción |
-
Impulsan un proxecto para poñer en valor o conxunto arqueolóxico dos petroglifos de Mogor
Por Redacción |
-
Os petróglifos de Mogor contan con nova sinalización
Por Redacción |
-
Francia pon os seus ollos nos petróglifos de Mogor
Por Redacción |