Un concurso de ideas definirá o futuro do Pazo de Lourizán, para o que se prevén usos forestales y turísticos
Por Alejandro Espiño
Aos poucos vanse coñecendo detalles sobre o futuro do Pazo de Lourizán. A Xunta traballa na rehabilitación deste histórico inmoble, segundo confirmou este martes o seu presidente, Alfonso Rueda, tras a reunión que mantivo co alcalde de Pontevedra.
A intención do goberno galego, unha vez que se complete o convenio de cesión coa Deputación, é convocar un concurso de ideas para definir os criterios para a súa recuperación. Farao en colaboración coa Fundación RIA, do arquitecto británico David Chipperfield.
O Pazo de Lourizán, explicou Rueda, estará orientado "maioritariamente" a un uso público que estará vinculado co sector agrícola e forestal, "como sempre estivo este pazo".
"Non está nada pechado", segundo o presidente galego, porque o seu contido estará definido polo futuro concurso de ideas, pero en todo caso "terá un uso público", garantiu.
Iso si, desde a Xunta de Galicia non descartan que, unha vez concretada a dotación forestal do pazo, que previsiblemente contará con laboratorios de investigación e un viveiro de empresas, unha parte de todo o seu complexo poida destinarse a usos turísticos e/ou hostaleiros.
Preguntado ao respecto, Rueda recoñeceu que, entre os usos que se estudarán, barállase a posibilidade de que o Pazo de Lourizán poida contar mesmo cunha hospedería.
O goberno galego espera convocar este concurso de ideas en 2023, para poder contar "canto antes" cun estudo completo "do que se pode facer aí".
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, celebrou a intención da Xunta en recuperar este histórico pazo e que, en principio, o executivo autonómico queira "consensuar" co Concello o uso que terá tras a súa necesaria rehabilitación.
Relacionadas:
-
O conto dos tres porquiños, motivación para respectar os bosques no Centro Forestal de Lourizán
Por Redacción |
-
O ámbito de Sálvora, o lugar elixido para os lodos do dragado do Lérez
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade trasladará ao Provincial varios servizos de Montecelo cando reforme o hospital actual
Por Alejandro Espiño |
-
A estrada vella de Marín será cedida ao Concello tras a súa reforma integral
Por Alejandro Espiño |
-
A variante de Alba, nun caixón: "Non temos intención de executala", asegura Rueda
Por Alejandro Espiño |
-
Haberá colaboración da Xunta para rehabilitar Santa Clara: "Non nos queremos quedar fóra"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Os 'deberes' que o alcalde de Pontevedra lle porá a Alfonso Rueda
Por Alejandro Espiño |
-
Agardan materializar no primeiro semestre de 2023 a transmisión da titularidade do Pazo de Lourizán e a Escola de Cantería
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta de Galicia, obrigada en firme a restaurar e manter o Pazo de Lourizán
Por Redacción |