Este Nadal poderás coñecer o Pazo de Lourizán con visitas guiadas e gratuitas os días 23, 27 e 30
Por Redacción
Aquelas persoas interesadas en coñecer o Pazo de Lourizán antes de comecen as obras de restauración previstas poderán facelo durante este Nadal, pois a Xunta de Galicia organizou tres xornadas de visitas guiadas gratuítas para coñecer o espazo.
Estas visitas están previstas para os días 23, 27 e 30 de decembro con dúas quendas diarias de 20 persoas en cada grupo ás 12,00 horas.
Para poder participar na visita fai falta realizar unha reserva na páxina web de Turismo de Galicia. A posibilidade de reservas será a partir deste martes 12 de decembro.
Os participantes poderán coñecer de xeito guiado algúns dos aspectos máis salientables deste emblemático edificio, percorrendo os xardíns, o invernadoiro e algunhas estancias e salóns do seu interior.
O Pazo de Lourizán foi transferido este ano a mans da Xunta de Galicia desde a Deputación de Pontevedra e é particularmente coñecido por ser propiedade do político Eugenio Montero Ríos, que o adquiriu no seu día xunto coa súa esposa Avelina Villegas no ano 1879.
El foi quen encargou a Jenaro de la Fuente a reforma e deseño do pazo como unha residencia de verán pola que pasaron importantes personalidades da época. Nos seus salóns negociáronse cuestións políticas de máximo interese, como o Tratado de París de 1898, polo que se cederon as últimas terras coloniais que quedaban: Porto Rico, Filipinas, Cuba e Guam.
Os xardíns do Pazo de Lourizán están incluídos no itinerario cultural Xardíns Históricos de Europa ao contar cunha moi valiosa e recoñecida colección de camelias. De feito, tamén forma parte do itinerario deseñado pola Xunta Ruta da Camelia e, con este motivo, os participantes nestas visitas guiadas recibirán tamén unha camelia de Nadal, flor propia do inverno en Galicia.
Relacionadas:
-
Lourizán abre as súas portas e 34 empresas interésanse polo concurso para definir o seu futuro
Por Redacción |
-
Petisco de Nadal e homenaxe na Deputación aos vinte traballadores xubilados este ano
Por Redacción |
-
Esgotadas o primeiro día as prazas para as visitas guiadas ao Pazo de Lourizán este Nadal
Por Redacción |
-
O edificio da Xunta en Campolongo loce coa decoración feita polos usuarios do Centro Ocupacional O Saiar de Caldas de Reis
Por Redacción |
-
Entramos no Pazo de Lourizán tras décadas pechado ao público
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Lourizán "nunca vai perder a titularidade pública" e Ence pode achegar cartos, pero non intervir na xestión
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
A nova vida do Pazo de Lourizán: aloxamento, restauración e cultura forestal cunha rehabilitación "rigorosa"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Lores considera que o investimento previsto pola Xunta para o Pazo de Lourizán "non é suficiente en absoluto"
Por Alejandro Espiño |
-
Case 18 millóns para converter o Pazo de Lourizán nun "espazo de encontro" para o sector forestal
Por Alejandro Espiño |
-
Reclaman que a declaración de BIC do Pazo de Lourizán inclúa os mobles e máis terreos
Por Redacción |
-
O Pazo de Lourizán pasa oficialmente a mans da Xunta
Por Natalia Puga |
-
O Pazo de Lourizán, a un paso de ser BIC e lograr a protección integral
Por Natalia Puga |
-
Un Pazo "único en Galicia" que os Montenegro construíron no século XV e Montero Ríos puxo no mapa no XIX
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |