O Concello e a Xunta restaurarán o petróglifo de Fentáns, vítima dunha agresión vandálica
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade e a Xunta de Galicia asinaron un convenio que permitirá a restauración e posta en valor de varios petróglifos do municipio, entre eles, os de Fentáns, que o pasado mes de abril sufriron un acto vandálico.
Segundo a información facilitada polo Concello, acaba de rematar co proceso de licitación e contratación pública dunha empresa que, baixo supervisión dun arqueólogo, levará a cabo traballos de limpeza, restauración e posta en valor de varios petróglifos declarados monumentos histórico-artísticos de carácter nacional desde o ano 1974.
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades achegará uns 30.000 euros destinados a preservar e poñer en valor os petróglifos de Laxe dos Cebros, Pedra das Ferraduras, Laxe das Rodas e Portela da Laxe.
Os traballos licitados consistirán na conservación e restauración das estacións de arte rupestre a través da limpeza e roza do entorno inmediato, baixo control arqueolóxico, para favorecer a súa visibilidade, colocación e reposición de peches perimetrais, realización dunha diagnose do estado de conservación e labores de limpeza, consolidación e restauración dos soportes gravados dos petróglifos.
Tamén se aproveitarán estas intervencións para realizar traballos de documentación e rexistro dos petróglifos mediante o seu levantamento foogramétrico e realización de fotografías nocturnas e tamén toma de imaxes e vídeo aéreo.
Tamén se vai proceder á colocación e/ou reposición da sinaléctica, divulgación nas redes sociais destes elementos da arte rupestre, organización de visitas guiadas e charlas informativas sobre os petróglifos.
Desde o Concello lembran que o val medio do río Lérez, no Concello de Cerdedo-Cotobade, é o lugar de maior concentración de petróglifos de Galicia.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade achega o seu patrimonio rupestre ao alumnado dos centros educativos
Por Redacción |
-
Comezan os labores de limpeza e posta en valor dos petróglifos da Laxe das Rodas, en San Xurxo de Sacos
Por Redacción |
-
Luz verde á restauración dos petróglifos de Fentáns, en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Cubela pide axuda á Xunta para promocionar as xoias do románico de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
O Concello promocionará as xoias do románico en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Limpan a maleza da Ponte Nova de Fentáns
Por Redacción |
-
Poñen en valor as pontes de Pedre-Serrapio, Fentáns e Parada
Por Redacción |
-
Comeza a limpeza da contorna dos petróglifos de Fentáns en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |