Carlota Román cifra en 200.000 euros anuais o déficit do Mercado e insta a abrir polas tardes
Por Alejandro Espiño
A Praza de Abastos de Pontevedra segue a ser deficitaria. Uns 200.000 euros anuais, segundo o último estudo que data do 2011. De aí que o Concello de Pontevedra insista en que haberá que explorar fórmulas "que contribuyan a dinamizarla y ponerla en el siglo XXI", afirmou a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román. "No podemos permitir que siga siendo deficitario", insistiu.
A edil socialista afirmou que estes mercados no pasado "eran obligatorios porque abastecían a la ciudad", pero recordou que agora "hay más formas". Por iso fala da necesidade de "poner en valor el mercado". Entre outras medidas recomendou ás praceiras a ampliar o horario de venda ás tardes, abrir a parte do primeiro andar que quede baleira a outro tipo de actividades e, sobre todo, potenciar a calidade en todos os servizos e a atención ao consumidor.
Neste sentido, indicou, téñense feito diversas auditorías e un estudo sobre boas prácticas e estase a traballar en constante colaboración coas delegacións das consellerías de Sanidade e Traballo. Carlota Román explicou que "se han ensayado diferentes fórmulas" para dinamizar o mercado municipal, entre elas un showcooking, unha exposición de pintura ou un próximo evento de venda de sobremesas feitas en conventos e mosteiros.
ÿ unha liña que se seguirá explorando unha vez se complete o proceso de concesión de prazas vacantes no mercado. Dos 367 postos de venda existentes hai 99 vacantes. Durante o primeiro prazo presentáronse 55 solicitudes (44 correspondentes ao andar baixo e 11 ao primeiro). Quedaron, por tanto, 44 vacantes, todas elas no primeiro andar, sempre a expensas de que os solicitantes confirmen ou modifiquen as súas ofertas neste segundo prazo.
A Xunta de Goberno aprobou este luns o procedemento para a adxudicación das concesións por un período de 25 anos. Culmina así o camiño iniciado o pasado mes de maio, cando se abriu un primeiro período de presentación de ofertas que agora se amplía ao terse aceptado dúas alegacións presentadas. Estas alegacións motivaron cambios mínimos no prego de condicións da poxa e, para total seguridade xurídica, volve abrirse o prazo.
A concelleira de Promoción Económica explicou que está a desenvolver un traballo en tres fases. A primeira comezou coa purga e posta ao día de todos os expedientes de concesión administrativa. A segunda ábrese agora coa convocatoria de todas as vacantes. A terceira chegará cando se tomen decisións de futuro sobre a optimización e modernización dos servizos que se prestan no edificio do Mercado de Abastos.
Román subliñou que durante estas tres etapas producíronse "períodos bastante tensos y presiones" de persoas interesadas en reducir o ámbito da convocatoria, algo "inaceptable", sinalou, "porque desde el primeiro momento se dijo que sería un procedimiento absolutamente transparente y abierto a todos los ciudadanos. Os actuais usuarios da praza só gozarán dos dereitos de tanteo e retracto que lles outorga o actual regulamento municipal.
Relacionadas:
-
O Mercado seguirá tendo postos de venda baleiros
Por Redacción |
-
Un total de 26 licitadores compiten por facerse cos postos vacantes no Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
A Praza de Abastos recibe 70 solicitudes para os 99 espazos vacantes
Por Redacción |
-
Xa se poden solicitar os postos vacantes na Praza de Abastos de Pontevedra
Por Redacción |
-
Mensaxe ás praceiras no 'Showcooking' para promover o Mercado de Abastos
Por Diego Espiño |
-
Carlota Román aposta por unha Praza de Abastos "moderna, de calidade e que dinamice o Centro Histórico"
Por Redacción |