O Xulgado cita a declarar a técnicos e políticos relacionados coa xestión urbanística de Sanxenxo
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Cambados citou a, polo menos, seis técnicos relacionados coa xestión urbanística no Concello de Sanxenxo. Terán que prestar declaración na sede xudicial ao longo da próxima semana.
Entre as persoas citadas encontraríanse non só técnicos senón tamén políticos responsables deste servizo no goberno local de Sanxenxo.
Segundo publica Javi Casal no Diario de Pontevedra, a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González Bea, encontraríase imputada neste caso xunto ao exconcelleiro de Urbanismo, Ángel Casal, e varios técnicos municipais.
A alcaldesa, Catalina González, realizou unha convocatoria de rolda de prensa para o luns na que ofrecerá detalles sobre esta investigación xudicial.
A pesar do silencio que xira en relación con esta investigación, distintas fontes sitúan o caso en relación coas denuncias presentadas por tres particulares derivados de cinco expedientes urbanísticos. Estes expedientes estarían relacionados con vivendas unifamiliares en Dorrón, tres casas en Bascuas que presentaban problemas nos accesos e co edificio da rúa Progreso sobre o que existe unha orde de derrubamento.
PETICIÿN DE DIMISIÿN
Tras coñecer a imputación da alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, como presunta autora dun delito de prevaricación, o BNG de Sanxenxo reclama, a través dun comunicado, a dimisión inmediata da máxima responsable do Concello.
Relacionadas:
-
A oposición lamenta que a imputación da alcaldesa "ensucie" a imaxe de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
VIPS mostra o seu apoio á alcaldesa de Sanxenxo trala súa imputación por irregularidades urbanísticas
Por Oskar Viéitez |
-
Catalina González: "Si alguien piensa que va a quitar a esta alcaldesa por la puerta de atrás, que sepa que ha pinchado en hueso"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Encarnación Rivas, Secretaria xeral de Urbanismo, tamén imputada polas investigacións urbanísticas en Sanxenxo
Por Redacción |
-
A crise do ladrillo forza a Sanxenxo a eliminar a Xerencia municipal de Urbanismo
Por Redacción |