Alfonso Rueda e Mariano Rajoy manteñen a súa andaina tradicional da Ruta da Pedra e da Auga
Por Redacción
Xa é unha convocatoria obrigada entre a primavera e o verán no Salnés. Nesta ocasión coincidiu na recta final da Semana Santa e este sábado 16, Alfonso Rueda, Mariano Rajoy e José Benito Suárez Costa se enfundaban a súa roupa deportiva para realizar, un ano máis, a Ruta da Pedra e da Auga ao longo da mañá.
Os tres puideron gozar dunha sesión matinal de sendeirismo na contorna do río Armenteira con temperatura agradable. O ex presidente do Goberno, como vén facendo desde 2013, en compañía do presidente da Autoridade Portuaria de Marín e marido de Ana Pastor, vicepresidenta segunda do Congreso, percorría esta zona entre os municipios de Ribadumia e Meis. Mesmo ten feito o traxecto en épocas de Nadal. Nesta ocasión, como xa vén sendo habitual nos últimos anos, o actual vicepresidente primeiro da administración autonómica e presumiblemente futuro presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, uníase ao roteiro.
Ademais, Rueda encargouse de dar visibilidade a este encontro ao subir dúas fotografías, unha delas o habitual selfie, á súa conta oficial de Twitter na que etiquetaba as fotos co cancelo #GaliciaCalidade, tras a frase "Vivimos no mellor lugar do mundo!" e á cita coa tradición que mantén Mariano Rajoy.
Non hai que perder as mellores tradicións, e o presidente @marianorajoy sempre está ahí para cumplilas. Ruta da Pedra e da Auga esta mañán. Vivimos no mellor lugar do mundo! #GaliciaCalidade pic.twitter.com/UsnBIAgbKb
— Alfonso Rueda (@ARueda68) April 16, 2022