Rajoy, fiel á súa cita coa Ruta da Pedra e da Auga tamén en Aninovo
Por Redacción
O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, cando está en Pontevedra non deixa un día sen visitar un dos seus lugares predilectos, a ruta de sendeirismo da Pedra e da Auga, en Ribadumia.
Así ocorreu tamén en Aninovo, cun madrugador paseo no que estivo acompañado polo presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, e o presidente da Autoridade Portuaria de Marín, José Benito Suñarez Costa.
Foi o propio Alfonso Rueda o que se encargou de inmortalizar o momento cun divertido 'selfie' ante o Mosteiro da Armenteira.
"Empezando el año con caminata: el presidente Mariano Rajoy fiel a su cita con la Ruta da Pedra e da Auga", sinalou o dirixente popular en Pontevedra no seu perfil de Twitter.
Empezando el año con caminata: el presidente @marianorajoy fiel a su cita con la Ruta da Pedra e da Auga pic.twitter.com/rIZD5Nwmoo
— Alfonso Rueda (@ARueda68) 1 de enero de 2017
O presidente do Goberno xa percorrera esta ruta o día de Fin de Ano, antes de pasar a Noitevella no seu domicilio familiar de Sanxenxo. Ten previsto permanecer en Pontevedra ata a véspera de Reis, cando previsiblemente volverá a Madrid para participar na celebración da Pascual Militar.
Relacionadas:
-
Alfonso Rueda e Mariano Rajoy manteñen a súa andaina tradicional da Ruta da Pedra e da Auga
Por Redacción |
-
Rajoy recupera as súas camiñadas polas Rías Baixas e pasea polas praias de Marín con Rueda e Ramallo
Por Redacción |
-
A Deputación mellorará a estrada que conecta Ribadumia coa Ruta da Pedra e da Auga
Por Redacción |
-
Rajoy, fin de ano en Sanxenxo, con polémica en Twitter incorporada
Por Redacción |
-
Rexeitan a proposta do PP de mellorar a "Ruta do Presidente", por onde pasea Rajoy no Salnés
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O PP de Pontevedra organiza unha subida á Romaría das Cabezas
Por Oskar Viéitez |