A Banda de Música de Pontevedra amenizará a inauguración da zona peonil de Benito Corbal
Por Anxo Lourido
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Obras Urbanas, Luis Bará visitaron o tramo peonil da rúa Benito Corbal onde os operarios están a finalizar as obras de adaptación deste tramo urbano.
O alcalde manifestouse moi satisfeito porque "recuperamos un espazo de alta calidade urbana para todos os cidadáns. Xa se pode ver que hai unha masiva presenza de cidadáns facendo compras no comercio urbano de proximidade. Cremos que era unha obra necesaria que ademais vai na liña de facer unha cidade para os cidadáns e de alta calidade urbana e está na liña da demanda dos comerciantes de dar máis peonalización ás rúas adxacentes de Cruz Gallástegui e Castelao. Creo que o resultado final é espléndido".
Segundo aclarou o concelleiro Luis Bará, a obra contará con bancos e xardineiras con flores que introduzan unha nota de cor. Esas xardineiras, segundo afirmou, trasladaranse doutras zonas da cidade onde sobran. Bará insistiu en que para o próximo ano "vamos manter este estilo noutras rúas próximas porque hai demanda dos comerciantes. Será en Castelao e Cruz Gallástegui segundo as dispoñibilidades orzamentarias".
O concelleiro indicou que se poñerán morróns ou xardineiras no cruzamento con Sagasta para evitar o acceso de vehículos ao tramo peatonalizado de Benito Corbal.
INAUGURACIÿN CON MÿSICA
A Banda de Música de Pontevedra será a encargada de amenizar o acto de inauguración da zona peonil o venres 15 ás 19 horas. O alcalde ao ser preguntado pola comparación coas inauguracións do alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou "Nós piano non vamos a poñer. Vamos a utilizar a banda de música de Pontevedra e isto é un acto de alegría e de celebración para unha obra que vai mellorar a calidade de vida dos cidadáns e non vamos tirar a casa pola ventá". E Bará apuntou que esta actuación da Banda de Música englóbase nas novas posibilidades que ofrece esta rúa: "é como unha praza pública que permitirá facer algunas actividades, incluídas as culturais".
Relacionadas:
-
Unha "festa cidadá" dá a benvida a Benito Corbal á área peonil da cidade
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Benito Corbal estrea o venres a súa peonalización, dúas semanas antes do previsto
Por Alejandro Espiño |
-
Bará sobre as críticas do PP en Benito Corbal: "Aparecen sós coma cans na rúa"
Por Natalia Puga |
-
Críticas do Partido Popular á "improvisación" coa que se executan as obras en Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |