Críticas do Partido Popular á "improvisación" coa que se executan as obras en Benito Corbal
Por Alejandro Espiño
As obras de peonalización de Benito Corbal son, segundo o Partido Popular, unha mostra da "improvisación" coa que o goberno local executa as obras de reforma urbana. Jacobo Moreira, acompañado por tres dos seus concelleiros, percorreu este xoves a zona para amosar os moitos "inconvenientes" que están xerando estes traballos e propoñer solucións para os problemas detectados polos populares.
As principais queixas veciñais, recollidas polo PP, refírense ao servizo de recollida de lixo, ao traslado e redución da área de estacionamento de taxis, aos cambios nas liñas e paradas de autobuses e ao bloqueo dos accesos aos garaxes da rúa. E todo isto, dixo Jacobo Moreira, "a pesar de que la actuación en Benito Corbal se trata de una obra menor de colocación de adoquines".
Os populares que o peche ao tráfico de Benito Corbal a parada de taxis trasladouse a Daniel de la Sota. Alí denuncian que as prazas para vehículos redúcense á metade, ademais de "complicarse enormemente" o servizo para equipamentos tan importantes como o Hospital Miguel Domínguez. De aí que propoñan que se habilite outra parada en Benito Corbal, fronte a Zara, o que permitiría unha "mejor distribución" de los taxis.
Sobre os colectores de lixo, Moreira afirmou que co cambio de sentido na circulación de Castelao retiráronse os que había nesta rúa e foron trasladados a Daniel de la Sota, xa que o camión de recollida só pode cargar pola súa parte esquerda. Esta situación, di, "genera incomodidades a los residentes", polo que propoñen deixar os colectores de xeito provisional na marxe dereita de Castelao.
Por último, os populares entenden que "sería de justicia" facilitarlle aos usuarios dos garaxes que non poden acceder aos mesmos durante as obras, uns abonos temporais para o aparcamento soterrado da praza de Barcelos, a pagar ou ben polo Concello ou pola empresa adxudicataria destes traballos, EC Casas. E en canto aos cambios nas liñas e paradas de autobuses, o PP cren "muy obvio" que non se buscaron alternativas.
Citan, por exemplo, as queixas dos pais polo traslado do servizo a diante do antigo Sanatorio Santa Rita, lonxe do punto en que estaba a parada, en Benito Corbal, e aseguran ter detectado tamén que a liña a Monte Porreiro desapareceu da zona e os usuarios teñen que acudir agora á praza de Galicia ou á ponte de Santiago. Para o primeiro caso propoñen que a parada se sitúe en Cobián Roffignac, e para o segundo, que se estuden, entre outras, esta mesma alternativa.