O PP asegura que na Deputación "está instaurada la ley del silencio" respecto a aqueles asuntos que lle son "incómodos"
Por Oskar Viéitez
A portavoz do grupo do PP na Deputación de Pontevedra, Pepa Pardo compareceu este mércores nunha rolda de prensa xunto aos deputados provinciais Paz Lago e Miguel Domínguez, na que denunciaron que nesta administración provincial "está instaurada la ley del silencio" en relación tamén co caso dous falsos bolseiros, unha sentenza pola que solicitaron formalmente a comparecencia en pleno da presidenta Carmela Silva.
Os populares queren que a mandataria provincial dea conta desa sentenza do Tribunal Supremo que confirma a relación laboral de 38 bolseiros coa Deputación de Pontevedra ratificando así o fallo anterior do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que considera que as bolsas tiñan a finalidade de "tentar asumir unha carga de traballo superior á que poden soportar os traballadores".
Pepa Pardo sinalou que esta sentenza "afecta de forma directa a la política de contratación de la Diputación" polo que cre que son necesarias estas aclaracións por parte de Carmela Silva da que tamén reclaman que explique "cómo es que durante todos estos años nadie se haya dado cuenta de las irregularidades laborales que se estaban cometiendo".
Ademais de solicitar a comparecencia da presidenta o PP pediu que, nese mesmo pleno, de explicacións o deputado delegado da área de Persoal e Réxime Interior, Carlos López Font, "a fin de que responda a todas y cada una de las preguntas que se le formulen en relación al caso becarios".
Pepa Pardo insistiu en que "los pontevedreses tienen derecho a saber cómo esto ha sido posible" e expresou a súa indignación porque "una semana después" de que o PP presentase esta solicitude de comparecencia "no hemos tenido respuesta alguna" algo, que segundo dixo, forma parte da "política base" do Goberno provincial, que é aplicar a "ley del silencio" naqueles asuntos que lle son "incómodos".
"Esto no sólo es de cobardes sino que es contrario a toda ética política", asegurou Pardo.
Para a portavoz do grupo provincial do PP resulta "vergonzoso" que "nadie" no Goberno provincial "ni por parte del BNG ni por parte del PSOE" asuma responsabilidades políticas, nin polo chamado "caso cuñada" nin por esta sentenza dos falsos bolseiros, cando "estas resoluciones del Supremo ponen más que en tela de juicio la gestión de la señora Silva al frente de la Diputación".
"Estamos realmente ante un verdadero anacronismo: instauran el silencio frente a las necesarias explicaciones", dixo Pepa Pardo "la política de los premios frente a la asunción de responsabilidades políticas", engadiu.
Relacionadas:
-
O PP interpreta o "silencio abrupto" de Carmela Silva no Pleno como "unha clara condena de culpabilidade" polo ‘Caso cuñada’
Por Oskar Viéitez & Diana Eiras |
-
O PP considera unha "vitoria política" que o xulgado obrigue á Deputación a convocar un pleno para abordar a petición de dimisión de Carmela Silva
Por Oskar Viéitez |
-
O xulgado obriga á Deputación a convocar un pleno extraordinario para abordar a petición de dimisión de Carmela Silva
Por Redacción |
-
Tenso debate na Deputación sobre a sentenza dos bolseiros con críticas de Carmela Silva ao uso da TVG "para maior gloria do PP"
Por Anxo Lourido |
-
O PP reclama explicacións pola sentenza que condena á Deputación por contratar a 38 falsos bolseiros
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación esixe ao PP que pida perdón tras a sentenza que ratifica a relación laboral de 38 bolseiros coa administración provincial
Por Oskar Viéitez |