Un videoxogo feito en Pontevedra achegará a problemática do cambio climático no medio mariño
Por Redacción
O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo en colaboración con atlanTTic e a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra poñen en marcha Misión Azul, un proxecto de alfabetización científica mariña e de formación do profesorado.
Un equipo multidisciplinar fusionará as TIC, as ciencias mariñas, a comunicación e a didáctica para crear un videoxogo interactivo que aborde a realidade do impacto que o cambio climático ten nos océanos.
Da man da ‘Dra. Mar’, as persoas usuarias serán as protagonistas da aventura poderán interactuar cun ecosistema mariño protexido e ir superando misións e problemas reais de ameaza e estrés do ecosistema mariño usando ferramentas que poden conseguir ou construír.
O videoxogo complementarase con dúas unidades didácticas dirixido ao profesorado de primaria sobre os sete principios básicos da alfabetización oceánica, os efectos do cambio climático sobre o océano e o papel da investigación na súa prevención, mitigación e xestión.
"Estas unidades permitirán afondar máis nos contidos e converteranse en poderosas ferramentas para que o persoal docentes dos centros educativos poidan desenvolver sesións específicas nas súas aulas de xeito motivador sobre un dos maiores desafíos actuais do planeta e a humanidade", asegura Beatriz Legerén, docente da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
Aínda que videoxogo e unidades didácticas están dirixidas principalmente a escolares e docentes de educación primaria de toda España, con especial fincapé no alumnado de 5º e 6º, os contidos serán adaptados para poder ser empregados por outros sectores da educación ambiental, por outros colectivos alleos á divulgación científica ou polo público xeral.
Relacionadas:
-
A serie mexicana "Atrapada" inspira un videoxogo deseñado no campus de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
"Infamia" de Ledicia Costas inspira un videoxogo desenvolvido no campus de Pontevedra
Por Redacción |
-
Así é 'subROV', o videoxogo creado en Pontevedra para explorar os océanos
Por Alejandro Espiño |
-
O planeta Mincha e una versión de Eurovisión, no campus apréndese xogando
Por Oskar Viéitez |
-
O xogo que converte a Pontevedra en escenario de crimes a resolver
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Recrean unha réplica xogable do estadio de Pasarón para o videoxogo Pro Evolution Soccer
Por Manu Otero |