Máis de 50.000 euros de investimento municipal para manter en bo estado o xacemento de Castrolandín
Por Redacción
O Concello de Cuntis referendou durante 2021 o seu compromiso coa Fundación Terra Termarum e o xacemento de Castrolandín.
Segundo informa o goberno local investíronse máis de 50.000 euros de fondos propios para garantir o bo mantemento do castro e a súa contorna.
Desa cantidade 40.000 euros correspóndense co convenio asinado coa Fundación para cubrir os gastos de contratación de persoal, alugueiro e funcionamento xeral dos dous últimos anos.
Ademais durante 2021 promoveuse a consolidación arqueolóxica cunha intervención no recinto amurallado financiada pola Deputación e que contou con achega municipal para consolidar as estruturas atopadas.
Por último desde o Concello realízase durante todo o ano un programa de mantemento en Castrolandín que inclúe diferentes rozas, podas, a substitución de cartelería ou outras necesidade que poidan xurdir.