Apoio do goberno local á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para reclamar recursos en Atención Primaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha manifestación para o domingo 14 de novembro, a partir das 12.00 horas, en Santiago de Compostela. Trátase dun acto de protesta contra a administración da Xunta para reclamar recursos para a Atención Primaria.
Este xoves, representantes deste colectivo encabezados polo portavoz Manuel Martín e polo presidente da Federación Castelao, Juan Manuel Loureiro, mantiñan un encontro co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e coa concelleira Carmen Fouces, que avanzaron o apoio do goberno municipal a esta convocatoria.
Desde a Plataforma mostran a súa preocupación porque nos Centros de Saúde continúe primando a atención telefónica. Manuel Martín expuxo que desde 2008 se rexistran recortes na Atención Primaria e, coa pandemia, a situación converteuse en "dramática". Como exemplo explicaba que os pacientes están obrigados a realizar múltiples chamadas para contactar cos seus centros sanitarios e, cando contactan, deben esperar ata quince días para obter unha cita telefónica e moito máis tempo para lograr unha cita presencial.
Segundo Martín, esta situación forma parte do desmantelamento que a Xunta realiza da sanidade pública: "os centros privados e aseguradoras privadas medran de maneira importante, coa descapitalización da sanidade". Argumentou que o orzamento de Atención Primaria descendeu este ano un 2%, unha cifra que, segundo entende, mostra que a administración non ten interese en resolver este problema en Galicia.
Ante esta falta de recursos nos Centros de Saúde, a poboación recorre a Urxencias, sinalan os representantes da Plataforma, provocando saturación deste servizo. "Se a Atención Primaria desaparece, o sistema sanitario colapsa", alegou ao entender que o médico de familia é o eixo fundamental e demandou a ampliación dos Centros de Saúde lembrando que hai unha década estaba previsto construír máis de 60 centros sanitarios que non se acometeron coa chegada de Núñez Feijóo á presidencia da Xunta.
Juan Manuel Loureiro lembrou tamén a necesidade de que se substitúan aos profesionais sanitarios cando se xubilan e que os Centros de Saúde deixen de ser "meros tramitadores de documentación".
Miguel Anxo Fernández Lores xustificou o apoio do goberno local porque "desde hai anos prodúcese un deterioro sistemático, que agora se notou máis coa pandemia". O alcalde denuncia que non se destina diñeiro á Atención Primaria nin á asistencia sanitaria e reclamou investimento na sanidade pública porque, pola contra, quen máis sofre "son as capas máis débiles da poboación".
Por este motivo, demandan a asistencia da cidadanía á manifestación co obxectivo de que a Xunta destine orzamentos para un "servizo público básico". O vindeiro luns, a Plataforma SOS Sanidade Pública informará dos autobuses que se porán a disposición das persoas interesadas en viaxar a Compostela para participar neste acto.
Relacionadas:
-
Médicos de Urxencias do Hospital Montecelo e Provincial denuncian maltrato por parte da xerencia da área sanitaria
Por Redacción |
-
Ampla presenza de poboación de Pontevedra-O Salnés na marcha en defensa da Atención Primaria en Santiago
Por Redacción |
-
Isidro Lago, presidente do Colexio de Médicos: "Pasamos de héroes a villanos, véase lo que está pasando con la Atención Primaria"
Por Redacción |
-
Cuntis aproba o inicio do procedemento de servizo de axuda no fogar
Por Redacción |
-
Pensionistas de CCOO exercítanse cunha protesta no Hospital Provincial de cara á gran manifestación pola sanidade pública
Por Anxo Lourido |
-
Última chamada para viaxar a Santiago coa Federación Castelao pola defensa da sanidade pública
Por Redacción |
-
Lores remite ao Sergas a vacinar nos centros de saúde porque o Recinto Feiral vai ocuparse con outras actividades
Por Redacción |
-
Sanidade reabrirá os centros de vacinación masivos a mediados de mes
Por Oskar Viéitez |
-
A área sanitaria recoñece que carece de persoal suficiente para cubrir as demandas dos médicos dos PAC
Por Anxo Lourido |
-
Concentración de profesionais dos PAC no Provincial e nos centros de saúde pedindo condicións laborais dignas
Por Anxo Lourido |
-
Celadores do distrito sanitario de Pontevedra denuncian que a xerencia abusa dos contratos temporais dun día
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |