O PP califica ao goberno municipal de "embusteiro" e insiste na finalidade recadatoria do 'multamóbil'
Por Redacción
O PP insiste nas súas críticas contra o 'multamóbil'. Denuncian os populares que, a pesar do explicado polo goberno municipal, o seu obxectivo non é outro que multar aos condutores. Aseguran que no pliego de condicións recóllese que o vehículo "facilitará o proceso de captación de infraccións por estacionamentos e paradas indebidas, así como a xeración e posterior validación dos boletíns de denuncia asociados ás devanditas infraccións".
Segundo o portavoz do PP, Jacobo Moreira, "Mosquera dixo textualmente que o vehículo non impón multas, o que resulta obvio pois a capacidade de sancionar corresponde aos axentes", pero asegura que "esqueceuse de admitir que a única finalidade do coche é a de facilitar a multiplicación desas multas". ÿ unha mostra, sinalou, "da avidez fiscal que amosa toda a política de sancións deseñada polo alcalde Fernández Lores para a Policía Local".
Ademais, os populares lamentan tamén o operativo de tráfico deseñado por Pontevedra e Poio polas obras na Barca, que deixa a Ponte da Barca cun só carril de entrada á cidade. "Calquera pode comprobar que non era necesario cortar o acceso pola ponte cara á Caeira ou ao Nó de Bombeiros, pero Lores fixo o anuncio dos cambios viarios como si se tratara dunha cuestión inevitable", di Moreira nun comunicado.
Neste sentido, Jacobo Moreira responsabiliza a Lores de boa parte do incremento dos atascos que se van producir nos vindeiros días, "por esa teima en pechar a saída da ponte sen que sexa necesario facelo". E todo porque asegura que o goberno local "tennos afeitos un día si e outro tamén a facer o que lle peta, sen encomendarse a ninguén nin escoitar recomendacións externas, e acudindo á insubmisión cando se atopa cunha normativa que non lle agrada".