O crematorio de Funespaña, en vía morta: caduca o seu proxecto de urbanización
Por Alejandro Espiño
Un dos proxectos de crematorios en Pontevedra que máis balbordo veciñal espertara, o que impulsaba Funespaña nas inmediacións do cemiterio de San Amaro, áchase en vía morta. Nada se sabe da súa tramitación desde hai tempo.
Tanto é así, segundo explicou a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, que a licenza que solicitaran para a urbanización do seu vial de acceso caducou.
Este vial era un requisito indispensable para a construción do crematorio, polo que desde o Concello consideran que a compañía renuncia, polo menos nestes momentos, a seguir adiante co seu proxecto empresarial en Pontevedra.
O expediente de caducidade iniciouse, detallou Gulías, ante o incumprimento dos prazos recollidos nos seus permisos e porque, ademais, Funespaña estaba obrigada a adquirir unha serie de terreos públicos que non comprou.
Estes terreos debían dotar a este espazo de maior accesibilidade e prazas de aparcamento.
A empresa non presentou ante o Concello ningún destes documentos, polo que a administración municipal decretou a caducidade do proxecto.
Relacionadas:
-
Adeus definitivo ao crematorio de San Amaro e ao tanatorio de Arcebispo Malvar
Por Alejandro Espiño |
-
"Carpetazo final" ao crematorio proxectado en San Amaro
Por Alejandro Espiño |
-
O Supremo resolverá o futuro dos crematorios en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Os veciños, segundo o Concello, son os "grandes prexudicados" da sentenza dos crematorios
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
O Concello descarta unha permuta con Funespaña e acusa á Xunta de "marear" co informe ambiental
Por Alejandro Espiño |
-
Funespaña segue adiante co seu proxecto para San Amaro pero estudará alternativas "si nos las presentan"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |