Reforzo nos operativos de seguridade e tráfico no verán nas zonas turísticas da provincia
Por Natalia Puga
Coa chegada do verán, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado reforzarán a súa presenza nas zonas máis turísticas da provincia. Pontevedra é un destino turístico de gran tirón e, cada ano, recibe gran afluencia de visitantes, de modo que, para garantir a seguridade neses puntos, aumentaranse os efectivos policiais nesas zonas e tamén haberá máis dispositivos de vixilancia sobre a seguridade e o tráfico.
Así o confirmou este mércores a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, durante unha comparecencia ante os medios de comunicación. Anunciou que, como xa é habitual, a provincia entra dentro do coñecido como Plan Turismo Seguro.
Esa maior presenza policial centrarase en localidades turísticas como, por exemplo, Sanxenxo e Baiona, que ven como a súa poboación crece cada verán. En todas esas localidades celebráronse xuntas locais de seguridade nas que se se deseñaron operativos de vixilancia e colaboración entre as Forzas de Seguridade do Estado, e tamén coas policías locais.
Maica Larriba puxo o exemplo de Sanxenxo, que cada verán convértese na terceira cidade de Galicia en poboación e chega a alcanzar os 120.000 habitantes, tan só superada por Vigo e A Coruña. Nunha localidade con estas características, faise necesario incrementar o persoal dos Corpos de Seguridade, neste caso, a Garda Civil.
Relacionadas:
-
Rueda chama a "non baixar a garda" para que se cumpran as boas perspectivas turísticas do verán
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Nacional colabora coas oficinas de turismo para propiciar unha contorna máis segura ao visitante
Por Redacción |
-
As patrullas mixtas da Garda Civil e a GNR portuguesa volven este verán a Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Garda Civil e a GNR portuguesa coordinan en Pontevedra a seguridade transfronteiriza
Por Redacción |