Rafa Domínguez pide que se abra unha comisión de investigación sobre os contratos "políticos" do BNG
Por Alejandro Espiño
O Partido Popular non acudirá á xustiza para denunciar os contratos municipais a "afines" do BNG. Polo menos, por agora. Aínda que Rafa Domínguez asegura que algún deles "sí podría tener reproche legal", os populares optarán por unha vía política para esclarecer este asunto.
Nunha rolda de prensa celebrada este xoves, Domínguez anunciou que pedirá no pleno do próximo mes de marzo a creación dunha comisión especial de investigación que, de maneira interna, analice con detalle os contratos "políticos" do BNG.
O líder popular asegura que esta é a "única vía que contemplo" para que os nacionalistas rendan contas sobre esta actuación, xa que considera que a "solución política" é a "adecuada" se se lles permite acceder á "genesis" destas contratacións.
A este respecto, a edil Pepa Pardo explicou que esta comisión temporal debería "dotar de transparencia" estas contratacións para poder concluír se se vulneraron ou non os principios da lei de contratación do sector público.
Así, o PP espera "esclarecer" a necesidade destes contratos, os criterios de adxudicación, se se analizaron posibles incompatibilidades ou a existencia de conflitos de intereses, que órgano de contratación ordenou estes contratos ou quen é o seu responsable.
"Si el BNG no tiene problema con estos contratos, no tendrá problema en que haya una comisión interna y cerrada para explicarlos", sinalou Rafa Domínguez, que espera que "en aras de la transparencia" o goberno municipal acepte a creación desta comisión.
Engadiu que "si no hay nada esconder no se opondrán".
Domínguez reiterou que o "nexo" destes contratos non é Pontevedra nin un presunto localismo senón que "es el BNG" e volveu a censurar que o Concello destine o diñeiro "de todos los pontevedreses" a financiar a estrutura política dos nacionalistas.
Relacionadas:
-
Pepa Pardo, do PP, levará á "autoridade competente" as irregularidades detectadas en facturas do goberno local
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O PP de Pontevedra airea outro contrato "irregular" e advirte de que "non vai ser o último"
Por Manu Otero |
-
Rafa Domínguez ve "nerviosismo" nos "insultos" e "descualificacións" de Carme da Silva ao chamalo "neno pijo mal criado"
Por Redacción |
-
Carme da Silva, sobre a comisión de investigación que pide Rafa Domínguez: "é unha pataleta dun neno pijo mal criado"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Carme da Silva, sobre a comisión de investigación que pide Rafa Domínguez: "é unha pataleta dun neno pijo mal criado"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O PP denuncia catro novos contratos do Concello por "amiguismo" a afíns do BNG ante a "tranquilidade" do Goberno local
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño |
-
Domínguez denuncia "amiguismo" en contratos do BNG e os nacionalistas acúsano de ter "pouca ética"
Por Alejandro Espiño |