A Deputación comprométese a destinar o 1% do orzamento a axudar á hostalería e o turismo
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra pechou este mércores un compromiso os sectores da hostalería e o turismo da provincia para destinar o 1% do seu orzamento a apoiar a estes colectivos ante a crise derivada da pandemia da covid-19.
Os deputados Carlos Font e Santos Héctor pecharon este compromiso en dúas reunións cos presidentes de Fehopros, da Asociación de Ocio Nocturno, e da Zona Náutico en Vigo; e coa directiva da Asociación de Hostalería da comarca de Pontevedra (Hoempo).
Neses encontros, os deputados trasladaron a decisión firme da Deputación de manter os seus compromisos co sector "faga o que faga á Xunta de Galicia". Sobre a administración autonómica, Font indicou que só destina o 0,64% do seu orzamento de 11.563 millóns de euros, para un Plan de axudas de 75 millóns que ve "insuficiente e que non responde ás necesidades da hostalería e o turismo".
Esta reunión chga despois dos intentos frustrados de negociación entre a Xunta de Galicia, as deputacións provinciais e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para o rescate da hostalería o turismo. Os deputados informaron aos colectivos que a Deputación esixe ao goberno galego un verdadeiro Plan de Rescate para o sector de 250 millóns de euros, seguindo o modelo do Plan Valencia que achega 380 millóns.
Font criticou duramente á Xunta de Galicia insistiu en que ten "recursos dabondo" fronte ás "carencias" de deputacións e concellos, que "non recibiron nin un euro nin do Estado nin de Europa”.
Lembrou que a Xunta recibiu xa no ano 2020 224 millóns de euros do Estado a fondo perdido que se tiñan que destinar aos afectados pola caída da actividade económica, e que este ano percibirá outros 441 millóns dos fondos React UE co mesmo obxectivo.
O deputado insiste en que a Xunta "está obrigada a rescatar ao sector", pois "eles toman as decisións sanitarias, eles pechan os establecementos e eles teñen a responsabilidade que pretenden derivar ao mundo local, deputacións e concellos que xa fixeron un enorme esforzo económico, sen competencias, nin recursos, no primeiro año da pandemia”.
Carlos Font e Santos Héctor tamén lamentaron o "engano" que consideran que a Xunta fai aos sectores afectados cando fala dos 80 millóns repartidos ata o momento, cando os datos das propias delegacións da Xunta mostran que só se destinaron pouco máis de 38 millóns e, deles, ao redor de 20 millóns para a hostalería e o turismo.
A directiva de Hoempo agradeceu a convocatoria e, segundo indicou a Deputación nun comunicado, lamentou que a única información recibida sobre as negociacións de Santiago lles tivera chegado ata o de agora pola prensa.
Segundo deu a coñecer a Deputación, a asociación pontevedresa anticipou a súa intención de participar nos movementos que se están a producir para a creación dunha Federación Galega de Hostalería que proporcione unha representación real e efectiva a todo o sector e expresou a súa insatisfacción coas axudas recibidas na anterior convocatoria da Xunta.
Relacionadas:
-
No último exercicio a Deputación logrou unha nova rebaixa da débeda e cumpriu a estabilidade orzamentaria
Por Oskar Viéitez |
-
Aproban por unanimidade aumentar en 1,6 millóns de euros as axudas para os sectores afectados pola pandemia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PP di que as axudas da Deputación "chegan tarde e son totalmente insuficientes"
Por Oskar Viéitez |
-
"Momentos Rías Baixas", unha campaña adaptada á evolución das posibilidades de viaxar
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Mellorarán a seguridade peonil na estrada de Sisán e solucionarán os problemas de empozamento
Por Redacción |
-
A Deputación aprobará o venres máis de 1,6 millóns para que os concellos axuden aos sectores afectados pola pandemia
Por Redacción |
-
Pontevedra volve "tender a man" e pide "altura de miras" para un acordo entre administracións para axudar á hostalería
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra insiste na "man tendida" para un acordo nas axudas á hostalería e o turismo
Por Oskar Viéitez |
-
As deputacións achegarán o 1% das súas contas para rescatar a hostalería
Por Redacción |
-
Sen acordo na xuntanza a tres bandas para consensuar unha liña conxunta de axudas
Por Redacción |