No último exercicio a Deputación logrou unha nova rebaixa da débeda e cumpriu a estabilidade orzamentaria
Por Oskar Viéitez
O Pleno da Deputación de Pontevedra pechou este venres formalmente o exercicio orzamentario de 2020 dando o visto bo á liquidación dunhas Contas que, segundo o Goberno provincial "certifican la calidad en la gestión económica de una de las administraciones más solventes del Estado".
O 2020 pechouse con superávit de máis de 13 millóns de euros e o fito de non ter levantado un só reparo de Intervención. Os informes ratifican tamén o cumprimento, "a pesar del complicado contexto socioeconómico", dos principios de estabilidade orzamentaria e regra de gasto, así como a práctica eliminación da débeda.
E todo elo, segundo destacou o deputado Carlos López Font "reforzando" a súa posición como a Administración provincial de toda España que máis fondos transfire aos concellos, "llegando hasta la cifra récord del 35,35%", un balanzo cualificado como "histórico" polo deputado de Economía e Facenda.
López Font subliñou que a Deputación foi quen de pagar practicamente o 100% das obrigas recoñecidas ao longo do ano. Ao peche deste Orzamento tan só constan tres facturas, por importe de pouco máis de 3.000 euros, e que foron presentadas despois do 31 de decembro.
O vicepresidente, César Mosquera, afirmou que a situación económica "é francamente boa, se miren os números por onde se miren". Un balanzo que, remarcou, "cobra aínda máis valor polo feito de que se alcanzou ao tempo que se rebaixaba a débeda e se cumpría con tódalas obrigas".
"O rigor na xestión económica aumentou moitísimo e, aínda que a perfección non exista, seguimos avanzando para que a mellora siga e siga", dixo Mosquera.
O remanente de Tesourería ao peche do ano ascendeu a 155,5 millóns de euros (algo máis dun 5% sobre o ano anterior). Gran parte dese remanente xa está financiando créditos de gastos por valor de 129 millóns de euros que, xunto coas desviacións positivas (3,9 millóns) e compromisos de ingresos (7 millóns de euros) alcanzan créditos de gastos por un total de 140,6 millóns.
A débeda provincial quedou en 1,8 millóns de euros, despois de comezar o ano en 7,6 millóns.
"La encontramos en 40,9 millones de euros cuando llegamos al Gobierno en el año 2015 y estamos a punto de eliminarla. Recibimos una Administración hipotecada y ahora somos una Administración modélica que está a un paso de la deuda cero. No es cuestión de magia, ni de arquitecturas financieras, tan sólo de respeto máximo por los recursos públicos", destacou Font.
O nivel de execución do Orzamento mantense en torno ao 50%, como vén sucedendo dende 2019.
Relacionadas:
-
Aproban por unanimidade aumentar en 1,6 millóns de euros as axudas para os sectores afectados pola pandemia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Ágora, o plan da Deputación para duplicar o espazo público peonil
Por María José Pita |
-
Carmela Silva defende a importancia da administración local no cumprimento da Axenda 2030
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación comprométese a destinar o 1% do orzamento a axudar á hostalería e o turismo
Por Redacción |
-
A Deputación convida os concellos a incorporar propostas para captar Fondos Europeos
Por Oskar Viéitez |