Atopan salchichas con alfinetes nunha rúa de Cambados
Por Oskar Viéitez
O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) investiga xa a aparición de anacos de salchichas con alfinetes na rúa Rosalía de Castro de Cambados, indican dende o Refuxio de Animais. Do resultado desas pescudas dependerá que o Xulgado inicie unha investigación para determinar quen poden ser responsable de tal comportamento ilegal.
Os responsables do Refuxio sinalaron que estes anacos de salchichas foron colocados premeditadamente co obxectivo de asasinar aos animais, abandonados ou non. Esta actividade constitúe un delito "envelenar ou causar dano físico ou a morte a un animal" tipificado no Código Penal.
Segundo relatan dende esta asociación na súa páxina de Facebook un gato foi o que as encontrou e levou un anaco na boca á súa casa, os seus donos quitáronllo e seguírona ata que encontraron dous máis.
Non é a primeira ocasión na que se localizan estas trampas. Esta mesma semana varios particulares denunciaron máis casos en distintos puntos do concello de Cambados.
Os voluntarios do refuxio rastrexaron ao longo dos lugares nos que foron encontradas estas salchichas intentando recoller calquera resto de carne con alfinetes e advertindo os veciños da zona deste perigo.
Relacionadas:
-
Chourizo recheo con alfinetes, un regalo envelenado para Marlene
Por Natalia Puga |
-
Aparece un terceiro can morto no Umia en catro días, esta vez cunha pedra colgada ao pescozo
Por Anxo Lourido |
-
Escrache canino á concelleira de Medio Ambiente de Marín
Por Redacción |
-
Localizan en Vilalonga unha cadela desaparecida hai cinco anos en Cambados
Por Redacción |