Quince veciñas de Ponte Caldelas fórmanse como operarias de produción nun curso gratuíto
Por Redacción
Quince mulleres de Ponte Caldelas, todas desempregadas, participan na actividade formativa gratuita para activar o emprego posta en marcha polo Concello de Ponte Caldelas.
'Capacitadas' é unha acción formativa gratuíta para que as mulleres de Ponte Caldelas se preparen para traballar como operarias de producción e loxística.
Son 170 horas de formación que se iniciaron este luns e que contan cunha parte teórico-práctica, un curso de manexo de carretillas elevadoras, sesións de asesoramento para a procura de emprego e prácticas en empresas.
A parte teórica son 48 horas (12 sesións de 4 horas entre o 5 e o 23 de outubro); logo haberá 18 horas de prácticas para o manexo de carretillas elevadoras e a formación finalizará 7 días de prácticas en empresas.