A semana grande da Peregrina xa está aquí!
Por Redacción & Cristina Saiz
As Festas da Peregrina xa están aquí. O inicio da semana grande das festas de verano de Pontevedra dará comezo este sábado 8 de agosto ás 12:00 horas co pregón do chef pontevedrés estrella Michelín Pepe Solla.
Será un ano de festas diferentes, xa que nesta edición e por mor do protocolo de seguridade e prevención da Covid-19, a tradicional ubicación do balcón do pazo de Mugartegui, na praza da Pedreira, cambia para ao palco de música da Alameda, onde se poderá asistir á lectura do pregón nun espazo acoutado, con cadeiras e medidas de prevención e distanciamento social.
Así mesmo, pola noite terá lugar a primeira das tiradas 'sorpresa' de fogos de artificio. Co obxecto de evitar aglomeracións de xente para ver os espectáculos pirotécnicos, este ano as tiradas prográmanse todos os días pero en cada ocasión nun punto diferente da cidade e dos barrios e cunha duración de 7 minutos, en vez dos 15 minutos de anos anteriores.
Pola súa banda, os cantos colectivos e populares da actividade 'Aquí Cántase' animaron a véspera das Festas por cuarto ano consecutivo. Sen embargo, con motivo da pandemia, en vez de celebrarse polas rúas e prazas, tivo lugar na praza da Ferraría con numeroso público.
O grupo Maravallada foi o encargado de acompañar os cantos con música desde o escenario e repartiu o repertorio impreso para que as persoas participantes puideran seguir a letra con maior facilidade.
PROTOCOLO COVID-19
Todas as actividades e actuacións de escenario estarán acoutadas, aforadas e co público sentado en función do número de cadeiras que permita cada espazo escénico distribuído pola cidade e os barrios. O aforamento está determinado por estudos previos realizados pola Concellaría de Festas, que xestiona Carme da Silva, atendendo aos distintos decretos ditados polas administracións estatal e autonómica.
Os 13 espazos escénicos serán previamente desinfectados: cadeiras, escenario, camerinos, zonas de control... Ao remate de cada actuación, volverase a desinfectar. A asistencia a todos os espectáculos é de balde, mantendo así a política festiva do Concello de Pontevedra.
A entrada ao recinto abrirase unha hora antes para que as persoas que queiran asistir poidan facelo con tranquilidade, sen aglomeracións e garantindo as medidas hixiénico-sanitarias marcadas. En todos os espazos escénicos haberá unha única porta de entrada.
O público deberá pasar, primeiro, por unha alfombra húmida (con produtos desinfectantes) e a continuación por unha alfombra seca. Deberán levar máscara, limpar as súas mans con hidroxel e seguir, en todo momento, as indicacións do persoal de seguridade e dos acomodadores que haberá no espazo acoutado.
Os espectáculos durarán unha hora. O público asistente deberá permanecer sentado todo o tempo, agás para abandonar o recinto. Ao remate, a Concellaría habilitará dúas saídas en cada un dos espazos, que estarán en lugares opostos á entrada.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Primeira noite de fogos sorpresa en... Montero Ríos
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
"Demostremos a todo o mundo que Pontevedra é unha sociedade exemplar, e nas festas tamén"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
30 graos de temperatura marcarán a fin de semana do inicio das Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Javier Gómez Noya aparca o tríatlon por un día para subirse ao escenario
Por Manu Otero |
-
Pontevedra mantén a tradición do canto popular na véspera da Peregrina cunha edición especial de Aquí Cántase!
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Pepe Solla, pregoeiro da Peregrina polo seu prestixio profesional e o seu labor solidario durante a pandemia
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
A situación sanitaria deixa á Virxe Peregrina este agosto sen ofrenda floral e sen procesión
Por Marisa Ciordia |
-
Un verán cheo de música, arte e espectáculo, que "serven para combater o medo, a tristeza e a melancolía"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |