Os antitouradas non celebrarán a súa tradicional manifestación
Por Oskar Viéitez
Após varias semanas de debate, a directiva de Touradas fóra de Pontevedra acordou por unanimidade non celebrar a tradicional manifestación antitouradas que tiña lugar na cidade desde o ano 2007.
O motivo principal foi a situación de pandemia, a plataforma entende que "non sería responsable nin serio" convocar a centos de persoas nas rúas de Pontevedra, "alén de non poder garantir a súa seguridade sanitaria". Por isto, en Touradas fóra de Pontevedra entenden que "a saúde colectiva é prioridade".
En segundo lugar, a cancelación da feira taurina tamén tivo "moito peso nesta decisión final".
Aínda que Touradas fóra de Pontevedra anuncia que "a cancelación da feira taurina non vai frear a nosa actividade" e din estar a traballar en "outro tipo de actividades" durante este mes de agosto así coma nos vindeiros meses.